viernes, 30 de marzo de 2007

Crónica da 2ª Xornada

Continuamos coa festa "birleira" e entre os días 18 e 25 deste mes celebrouse a segunda xornada. E de verdade que foi unha festa; nalgúns dos grupos deu gusto ver como os birlos emprendían viaxe cara a "raia de 10" coa conseguinte ledicia dos participantes e espectadores, que acudiron en bó número a contemplar o espectáculo.
·
Asimesmo hai que salientar que houbo un troco nos integrantes do Grupo 1: O Juan da Neli deixoulle a súa praza a O Moisés de Guende.
·
A clasificación trá-la disputa da 2ª Xornada é a seguinte:
·
Primeiro clasificado Alejandro de A Arribada con 326 puntos.
Segundo clasificado José Luís "o Piñeiro" con 317 puntos.
Terceiro clasificado Suso de A Arribada con 302 puntos.
Cuarto clasificado Ramón da Otilia con 254 puntos.
Quinto clasificado Moisés de Guende con 234 puntos.
Sexto clasificado O Ruta con 224 puntos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Animo Ruta!, Xa vexo que vas escalando postos. Pero segue sin aparecer ningunha muller participando. Seguro que tedes o voso lado moitas mulleres que vos darían unha lección a moitos dos participantes. HAI QUE FACER UNHA LIGA MIXTA!
A mesma admiradora