lunes, 28 de febrero de 2011

SORTEO DA V LIGUIÑA DE BIRLOS DE SAN FIZ 2011

Un ano máis atopamonos no comenzo dunha nova
tempada, neste caso a V Liguiña de Birlos de San
Fiz de Cangas, que botará andar o dia 6 de marzo
e terminará o 12 de xuño.
O sorteo tivo lugar o pasado dia 20 de febreiro, lo-
go da tradicional comida de confraternización entre
todos os amantes do xogo dos Birlos, co seguinte
resultado:

Grupo Primeiro:

José Alvarado Rodríguez
Arturo Rodrígez Cernadas
Carlos Penin Pérez
José Antonio Rey Rodriguez
José Luis Valcarce Resco
Ramón Loureiro Rio

Grupo Segundo:

Ramón Silva González
Moisés Díaz Álvarez
Pedro Prado Rodríguez
Juan Pedrido Fernández
Álvaro Álvarez López
Ignacio Pavón Barbajelata

Grupo Terceiro:

Alejandro Rey Prado
Fidel González López
Antonio Blanco Rodríguez
Ramón González Fontaiña
Ramón Piñeiro Varela
Santiago de la Fuente Izquierdo

Grupo Cuarto:

José Luis González Piñeiro
Fernando García Alonso
Roi López Carmona
Emilio Pérez Boan
Juan Luis Iglesias Díaz
Chistrian López Carmona

Grupo Quinto:

Hugo González López
Héctor Arias González
Diego Rodríguez Sellés
Rubén López Pérez
Jose Dimas González Campos

O dia 19 de xuño, comida e sorteo da V Copa do
Cristo-1º Memorial Suso Prado.
A semifinal od dia 26 e xuño e a final o dia 3 de
xullo coincidindo coa Festa do Cristo.

martes, 15 de febrero de 2011

NA MEMORIA DE SUSO PRADO

                                        Jesús Prado Fernández


Fogueteiro

Organizador


Taberneiro


Anotador


Xogador

Compañeiro

Campión



     Suso, amigo e veciño, que amaba o lugar onde naceu, do que sempre se gabou, onde xogara de neno, fora a escola e que tiña o aprecio e respeto dos seus veciños.
   Foise como viviu: traballando. A morte separounos dunha persoa entregada aos demais e que nos deixa unha grande lección de traballo en favor da comunidade, sen pedir xamais nada a cambio. Pasou pola vida sendo bo e xeneroso, fiel amigo, sempre preocupado polos problemas de todos, minimizando os seus propios.
     Inesperada perda de quen, onte mesmo, ría e choraba con nós, polo que miles de palabras quedaron por dicir, abrazos que dar e vivencias que compartir, eso si, quedará para sempre no corazón de todos os que tivemos a sorte de coñecelo.
      Suso: alí onde esteas, moitas grazas por tanto.