martes, 13 de marzo de 2007

Benvida

En primeiro lugar imos explicar en qué consiste este xogo de tradición celta, e que como noutras zonas de Galicia estamos tentando recuperar dende a Asociación de Veciños Santo Cristo de San Fiz de Cangas e San Xulián de Serode.
Para xogar a este xogo é necesario ter unha ou duas bolas de madeira de preto de 20 cm. de diámetro, 9 birlos tamén de madeira que teñan sobre 12 cm. de alto, un "lastrón" que é a pedra onde se colocan os birlos, e outra que é de onde se lanza a bola cara os birlos e que se chama "tira".
Dende a "tira" ata o "lastrón" hai unha distancia de 5 m. e o xogo consiste en lanzá-la bola cara o lastrón e mandá-los birlos fora do "lastrón". Ata aquí podería parecer algo fácil, pero esto ten truco; a 22 m. e medio do "lastrón" faise unha liña semicircular coa función de facer aumentar o valor dos birlos que pasen esa liña, a esa raia chámaselle "raia de 10".
O sistema de puntuación é o seguinte:
  • Os birlos que caen do lastrón ou que non superan "raia de 10" valen 1 punto.
  • Os birlos que pasen a "raia de 10" valen 10 puntos.

A tirada terá validez si ha bola pasa a "raia de 10".

Normalmente xógase en parellas. E tira unha das bolas un xogador cara o "lastrón" para dispois facé-lo o segundo xogador.

Unha vez feito esto o primeiro xogador que tirou a bola áo lastrón diríxese á "raia de 10" e dende alí lanza as dúas bolas cara o "lastrón". A esta acción do xogo chámaselle "embirlar".

  • Os birlos que se tiren agora valen 1 punto.

Seguidamente tira cara o "lastrón" en primeiro lugar o segundo xogador e dispois o primeiro; unha vez feito esto o segundo xogador diríxese cara a "raia de 10" para facer o "embirle".

A finalidade do xogo é conseguir o número máximo posible de puntos en 10 tiradas e, por riba de todo, pasalo ben.

No hay comentarios: