martes, 26 de junio de 2007

A SuperCopa

Boas amantes dos birlos. Estamos aquí de novo para transmitir noticias referentes a esta marabillosa competición.
O vindeiro evento importante desta competición será a celebración da SUPERCOPA BIRLEIRA. Nesta competición van participar os tres primeiros clasificados de cada grupo e celebrarase entre os días 1 e 7 de xullo.
O día 1 terán lugar as semifinais e o día 7 a Gran Final.

Os participantes serán:

Do Grupo 1º:
  • O Alejandro de A Arribada.
  • O Suso de A Arribada.
  • O Moisés de Guende.

Do Grupo 2º:

  • O Álvaro da Marigely.
  • O Pedro de Guende.
  • O Delfín do Ferreiro.

Do Grupo 3º:

  • O Piñeiro.
  • O Arturo de Ferreiroá.
  • O Milucho de Serode.

Do Grupo 4º:

  • O Ramón da Otilia.
  • O Ruta.
  • O Fernando "O primo da Mª José de Sernande".

Nesta competición haberá un trofeo para os tres primeiros clasificados.

Sorte para todos.

lunes, 25 de junio de 2007

8ª e última xornada

Benvidos birleir@s a unha nova edición do vosa revista de actualidade sobre a ligiña de birlos de San Fiz.

Como todalas cousas todo ten un remate e entre os días 10 e 17 de xuño celebrouse a derradeira xornada da presente edición da liguiña. Tras unha dura loita quedaron definidos os postos de todos os participantes e que pasamos a reflexar a continuación:

CAMPIÓN: O Alejandro de A Arribada con 1.306 puntos.
SEGUNDO: O Suso de A Arribada con 1.206 puntos.
TERCEIRO: O Moisés de Guende con 1.144 puntos.

PRIMEIRO MENOR DE 40 ANOS: O Vilariño con 762 puntos.

A clasificación final quedou da seguinte maneira na súa totalidade:

1º O Alejandro de A Arribada con 1.306 puntos.
2º O Suso de A Arribada con 1.206 puntos.
3º O Moisés de Guende con 1.144 puntos.
4º O Ramón da Otilia con 1.055 puntos.
5º O Ruta con 1.040 puntos.
6º O Piñeiro con 1.041 puntos.
7º O Álvaro da Marigely con 1.038 puntos.
8º O Moncho da Torre con 1.033 puntos.
9º O Pedro de Guende con 1.022 puntos.
10º O Moncho de A Arribada con 1.012 puntos.
11º O Arturo de Ferreiroá con 897 puntos.
12º O Delfín do Ferreiro con 871 puntos.
13º O Carlos da Pili de Guende con 834 puntos.
14º O Fernando "o primo da Mª José de Sernande" con 813 puntos.
15º O Milucho do Serode con 773 puntos.
16º O Vilariño con 762 puntos.
17º O Roberto "o fillo do Suso" con 739 puntos.
18º O Carlos do Vilariño con 695 puntos.
19º O Santiago de Serode con 645 puntos.
20º O José Dimas con 430 puntos.
21º O José Manuel da Torre 361 puntos.
22º O Javierito de Sernande con 176 puntos.
23º O Manolo da Nemesia con 85 puntos.
24º O Eustasio da Viladomato con 84 puntos.

Os cinco derradeiros postos corresponden a persoas que comezaron a liguiña e que por motivos persoais a tiveron que deixar, pero queriamos facer constancia de que tamen participaron na mesma.

Seguide atentos ao blog porque nel seguiremos a poñer fotos, videos e novas referidas a este xogo.

Un saúdo para todos.

martes, 12 de junio de 2007

A 7ª Xornada

Boas noites a tod@s.

Comparecemos de novo ante vos para dar conta dos resultados da séptima e penúltima xornada desta fascinante liguiña de birlos. As partidas correspondentes a esta xornada celebráronse entre os días 27 de maio e 3 de xuño.

Tras poñérense algúns dos participantes ao día nas súas tiradas, trá-la súa recuperación das lesións producidas na intensidade da loita birleira, producíronse certos cambios na clasificación dos que imos dar conta a continuación:

En primera posición e con 1.137 puntos o Alejandro de A Arribada.
Ségueo con 1.043 puntos o Suso de A Arribada.
Na terceira praza atopámonos co Moisés de Guende con 969 puntos.
En cuarto lugar está o José Luís "O Piñeiro" con 912 puntos.
O quinto clasificado é O Ramón da Torre con 893 puntos.
A sexta praza é ocupada polo Pedro de Guende con 873 puntos.

De cara á xornada final da liguiña os tres primeiros postos semella que están bastante claros, pero desatouse unha gran batalla polos postos do cuarto ao oitavo ou o noveno que promete ser moi interesante.

Con respecto ao parte da enfermería salientaremos que a temos baleira porque decidimos poñernos de reformas, non nos gustaba a cor das paredes.

Un saúdo a todos.