viernes, 30 de marzo de 2007

A 2ª Xornada en imaxes (2)



















A 2ª Xornada en imaxes

















Crónica da 2ª Xornada

Continuamos coa festa "birleira" e entre os días 18 e 25 deste mes celebrouse a segunda xornada. E de verdade que foi unha festa; nalgúns dos grupos deu gusto ver como os birlos emprendían viaxe cara a "raia de 10" coa conseguinte ledicia dos participantes e espectadores, que acudiron en bó número a contemplar o espectáculo.
·
Asimesmo hai que salientar que houbo un troco nos integrantes do Grupo 1: O Juan da Neli deixoulle a súa praza a O Moisés de Guende.
·
A clasificación trá-la disputa da 2ª Xornada é a seguinte:
·
Primeiro clasificado Alejandro de A Arribada con 326 puntos.
Segundo clasificado José Luís "o Piñeiro" con 317 puntos.
Terceiro clasificado Suso de A Arribada con 302 puntos.
Cuarto clasificado Ramón da Otilia con 254 puntos.
Quinto clasificado Moisés de Guende con 234 puntos.
Sexto clasificado O Ruta con 224 puntos.

jueves, 29 de marzo de 2007

lunes, 19 de marzo de 2007

domingo, 18 de marzo de 2007

Resultados da 1ª Xornada

A primeira xornada celebrouse entre os días 4 e 11 deste mes de marzo. Foi a primeira toma de contacto coa liguiña e o balance é bastante positivo por parte de tódolos participantes, ou eso creo.

Sen máis comentarios imos dá-los resultados desta xornada:

O primeiro líder é José Luís "o Piñeiro" con 185 puntos.
O segundo clasificado é Pedro de Guende con 137 puntos.
O terceiro clasificado é Álvaro da Marigely con 132 puntos.
O cuarto clasificado é Suso de A Arribada con 117 puntos.
O quinto clasificado é Milucho de Serode con 116 puntos.
O sexto calsificado é Alejandro de A Arribada con 113 puntos.

jueves, 15 de marzo de 2007

Os Principios


Trá-lo período que se deu para anotar aos participantes, realizouse o sorteo entre as 24 persoas que se apuntaron. Para axilizar a Liguiña decidiuse dividí-los participantes en catro grupos. Do sorteo saíron os seguintes grupos:

  • Grupo 1: Integrado por: O Alejandro de A Arribada, O Suso de A Arribada, O Roberto "o fillo do Suso", O Moncho de A Arribada, O Moncho da Torre e O Juan da Neli.
  • Grupo 2: Composto por: O Suso do Pacio, O Manolo da Nemesia, O Álvaro da Marigely, O Pedro de Guende, O Delfín do Ferreiro e O Carlos da Pili de Guende.
  • Grupo 3: Integrado por: O José Dimas, O Arturo de Ferreiroá, O Milucho de Serode, O José Luís "o Piñeiro", O Santiago de Serode e O José Manuel da Torre.
  • Grupo 4: Composto por: O Fernando "o primo da Mª José de Sernande", O Carlos do Vilariño, O Javierito de Sernande, O Eustasio da Viladomato, O Ramón da Otilia e O "Ruta".

O inicio da Liguiña foi o pasado 04 de marzo e rematará o vindeiro 17 de xuño.

Xogaráse tódolos domingos en xornadas de mañá e serán, xogando os grupos 1 e o 3 pola mañá e os grupos 3 e 4 polo serán. Cada grupo xogará cada quince días.


Os tres primeiros calsificados recibiran un trofeo, ademáis do recoñecemento por parte de tódolos participantes. Tamén haberá un trofeo para o mellor clasificado menor de corenta anos.


Sorte a tódolos participantes!!!





martes, 13 de marzo de 2007

Benvida

En primeiro lugar imos explicar en qué consiste este xogo de tradición celta, e que como noutras zonas de Galicia estamos tentando recuperar dende a Asociación de Veciños Santo Cristo de San Fiz de Cangas e San Xulián de Serode.
Para xogar a este xogo é necesario ter unha ou duas bolas de madeira de preto de 20 cm. de diámetro, 9 birlos tamén de madeira que teñan sobre 12 cm. de alto, un "lastrón" que é a pedra onde se colocan os birlos, e outra que é de onde se lanza a bola cara os birlos e que se chama "tira".
Dende a "tira" ata o "lastrón" hai unha distancia de 5 m. e o xogo consiste en lanzá-la bola cara o lastrón e mandá-los birlos fora do "lastrón". Ata aquí podería parecer algo fácil, pero esto ten truco; a 22 m. e medio do "lastrón" faise unha liña semicircular coa función de facer aumentar o valor dos birlos que pasen esa liña, a esa raia chámaselle "raia de 10".
O sistema de puntuación é o seguinte:
  • Os birlos que caen do lastrón ou que non superan "raia de 10" valen 1 punto.
  • Os birlos que pasen a "raia de 10" valen 10 puntos.

A tirada terá validez si ha bola pasa a "raia de 10".

Normalmente xógase en parellas. E tira unha das bolas un xogador cara o "lastrón" para dispois facé-lo o segundo xogador.

Unha vez feito esto o primeiro xogador que tirou a bola áo lastrón diríxese á "raia de 10" e dende alí lanza as dúas bolas cara o "lastrón". A esta acción do xogo chámaselle "embirlar".

  • Os birlos que se tiren agora valen 1 punto.

Seguidamente tira cara o "lastrón" en primeiro lugar o segundo xogador e dispois o primeiro; unha vez feito esto o segundo xogador diríxese cara a "raia de 10" para facer o "embirle".

A finalidade do xogo é conseguir o número máximo posible de puntos en 10 tiradas e, por riba de todo, pasalo ben.