martes, 26 de junio de 2007

A SuperCopa

Boas amantes dos birlos. Estamos aquí de novo para transmitir noticias referentes a esta marabillosa competición.
O vindeiro evento importante desta competición será a celebración da SUPERCOPA BIRLEIRA. Nesta competición van participar os tres primeiros clasificados de cada grupo e celebrarase entre os días 1 e 7 de xullo.
O día 1 terán lugar as semifinais e o día 7 a Gran Final.

Os participantes serán:

Do Grupo 1º:
  • O Alejandro de A Arribada.
  • O Suso de A Arribada.
  • O Moisés de Guende.

Do Grupo 2º:

  • O Álvaro da Marigely.
  • O Pedro de Guende.
  • O Delfín do Ferreiro.

Do Grupo 3º:

  • O Piñeiro.
  • O Arturo de Ferreiroá.
  • O Milucho de Serode.

Do Grupo 4º:

  • O Ramón da Otilia.
  • O Ruta.
  • O Fernando "O primo da Mª José de Sernande".

Nesta competición haberá un trofeo para os tres primeiros clasificados.

Sorte para todos.

lunes, 25 de junio de 2007

8ª e última xornada

Benvidos birleir@s a unha nova edición do vosa revista de actualidade sobre a ligiña de birlos de San Fiz.

Como todalas cousas todo ten un remate e entre os días 10 e 17 de xuño celebrouse a derradeira xornada da presente edición da liguiña. Tras unha dura loita quedaron definidos os postos de todos os participantes e que pasamos a reflexar a continuación:

CAMPIÓN: O Alejandro de A Arribada con 1.306 puntos.
SEGUNDO: O Suso de A Arribada con 1.206 puntos.
TERCEIRO: O Moisés de Guende con 1.144 puntos.

PRIMEIRO MENOR DE 40 ANOS: O Vilariño con 762 puntos.

A clasificación final quedou da seguinte maneira na súa totalidade:

1º O Alejandro de A Arribada con 1.306 puntos.
2º O Suso de A Arribada con 1.206 puntos.
3º O Moisés de Guende con 1.144 puntos.
4º O Ramón da Otilia con 1.055 puntos.
5º O Ruta con 1.040 puntos.
6º O Piñeiro con 1.041 puntos.
7º O Álvaro da Marigely con 1.038 puntos.
8º O Moncho da Torre con 1.033 puntos.
9º O Pedro de Guende con 1.022 puntos.
10º O Moncho de A Arribada con 1.012 puntos.
11º O Arturo de Ferreiroá con 897 puntos.
12º O Delfín do Ferreiro con 871 puntos.
13º O Carlos da Pili de Guende con 834 puntos.
14º O Fernando "o primo da Mª José de Sernande" con 813 puntos.
15º O Milucho do Serode con 773 puntos.
16º O Vilariño con 762 puntos.
17º O Roberto "o fillo do Suso" con 739 puntos.
18º O Carlos do Vilariño con 695 puntos.
19º O Santiago de Serode con 645 puntos.
20º O José Dimas con 430 puntos.
21º O José Manuel da Torre 361 puntos.
22º O Javierito de Sernande con 176 puntos.
23º O Manolo da Nemesia con 85 puntos.
24º O Eustasio da Viladomato con 84 puntos.

Os cinco derradeiros postos corresponden a persoas que comezaron a liguiña e que por motivos persoais a tiveron que deixar, pero queriamos facer constancia de que tamen participaron na mesma.

Seguide atentos ao blog porque nel seguiremos a poñer fotos, videos e novas referidas a este xogo.

Un saúdo para todos.

martes, 12 de junio de 2007

A 7ª Xornada

Boas noites a tod@s.

Comparecemos de novo ante vos para dar conta dos resultados da séptima e penúltima xornada desta fascinante liguiña de birlos. As partidas correspondentes a esta xornada celebráronse entre os días 27 de maio e 3 de xuño.

Tras poñérense algúns dos participantes ao día nas súas tiradas, trá-la súa recuperación das lesións producidas na intensidade da loita birleira, producíronse certos cambios na clasificación dos que imos dar conta a continuación:

En primera posición e con 1.137 puntos o Alejandro de A Arribada.
Ségueo con 1.043 puntos o Suso de A Arribada.
Na terceira praza atopámonos co Moisés de Guende con 969 puntos.
En cuarto lugar está o José Luís "O Piñeiro" con 912 puntos.
O quinto clasificado é O Ramón da Torre con 893 puntos.
A sexta praza é ocupada polo Pedro de Guende con 873 puntos.

De cara á xornada final da liguiña os tres primeiros postos semella que están bastante claros, pero desatouse unha gran batalla polos postos do cuarto ao oitavo ou o noveno que promete ser moi interesante.

Con respecto ao parte da enfermería salientaremos que a temos baleira porque decidimos poñernos de reformas, non nos gustaba a cor das paredes.

Un saúdo a todos.

jueves, 24 de mayo de 2007

miércoles, 23 de mayo de 2007

A 6ª Xornada en imaxes













A 6ª Xornada

Boas a tod@s volvemos de novo para darvos conta do acontecido durante a celebración da sexta xornada de esta apasionante liguiña de birlos que tivo lugar entre os días 13 e 20 de maio.

Podemos destacar da mesma que houbo moi poucos trocos na clasificación.

Sen máis demora imos poñer a clasificación provisional nos seus seis primeiros postos.

Na cabeza da clasificación repite o Alejandro de A Arribada con 1.001 puntos.
Ségueo, no segundo posto o Suso de A Arribada con 948 puntos.
A terceira praza é para o Moisés de Guende con 813 puntos.
O cuarto clasificado é o Álvaro da Marygeli con 755 puntos.
En quinto lugar está o Pedro de Guende con 731 puntos.
E a sexta praza ocúpaa o Ramón da Torre con 719 puntos.

O parte da enfermería segue sen cambios con respecto ao informe da semana pasada.

jueves, 10 de mayo de 2007

A Práctica dos birlos

Se vos lembrades na primeira entrada que se publicou sobre esta liguiña fixérase unha explicación teórica, máis ou menos acertada, sobre os birlos, pero non todo ía ser teoría. Por eso deixamos aquí algúns videos con tiradas de birlos que tiveron lugar durante a competición.

Iremos poñendo máis, tranquilos.

Esperamos que sexan do voso agrado.





Imaxes da 5ª Xornada

















5ª Xornada

Boas a tod@s.
Imos dar conta do resultado da clasificación trá-la disputa da 5ª Xornada desta Liguiña de birlos, que se celebrou entre os días 29 de abril e 6 de maio.

O máis salientable desta xornada é un novo cambio de líder, aínda que segue a loita entre o Alejandro de A Arribada e o Suso de A Arribada; decantándose nesta xornada do lado do Alejandro.

A clasificación nos seus seis primeiros postos é a seguinte:

En primeiro lugar, como xa se dixo, o Alejandro de A Arribada con 817 puntos.
A segunda praza ocúpaa o Suso de A Arribada con 771 puntos.
O terceiro posto é para o Moisés de Guende con 675 puntos.
En cuarta posición está o Pedro de Guende con 632 puntos.
Na quinta praza atopamos ao Álvaro da Marigely con 627 puntos.
En sexto lugar o Ramón da Torre con 610 puntos.

O informe médico trae un par de baixas a engadir ás que xa había; trátase do José Luís "O Piñeiro" e o José Manuel da Torre. Desexamos que se recuperen pronto.

miércoles, 9 de mayo de 2007

Aviso a navegantes

¡¡¡Atención "galácticos" dos birlos!!! é hora de que vos poñades a tremer de medo.

O noso equipo de investigación conseguiu certas fotos coas que coidamos que a algúns deses chamados galácticos lles vai cambiá-la cara. Estamos en condicións de asegurar que o reinado destes birleiros está a punto de finalizar. Estas fotos son dos integrantes da selección infantil de birlos de San Fiz nunha das súas sesións de entrenamento.
Disfrutade delas.







jueves, 3 de mayo de 2007

Imaxes da 4ª xornada
















4ª Xornada

Perdoade tódolos birleir@s pola tardanza.
Xa estamos aquí para darvos conta dos resultados da cuarta xornada que se celebrou entre os días 15 e 22 de abril que transcorriron con algunha novedad no tocante á clasificación.

Ao cumplirse con esta xornada a metade da liguiña, imos poñer algúns datos de interese, ou que non teñen tanto interese, con respecto ao desenrolo da mesma.
En total fixéronse 9.279 puntos en 952 tiradas có que sae unha media de casi 10 puntos por tirada.

A mellor xornada foi a segunda na que se acadaron 2.646 puntos.

En cuanto á clasificación podemos salientar que houbo troco de líder e que os postos 3º e 4º comeza unha pequena loita que promete ser moi interesante; igualmente semella que vai a haber algo máis que palabras polos postos desde o 5º ata o 7º.

Pero non aventuremos nada porque aínda queda algo para que finalice a Liguiña. A clasificación nos seus seis primeiros postos é a seguinte:

Primeiro posto para o Suso de A Arribada con 633 puntos.
Na segunda praza atópase o Alejandro de A Arribada con 618 puntos.
O terceiro clasificado é o Moisés de Guende con 575 puntos.
Na cuarta praza está José Luís "O Piñeiro" con 567 puntos.
O quinto lugar é para o Álvaro da Marigely con 514 puntos.
Sexta posición para o Ramón da Otilia con 501 puntos.

Con respecto aos servicios de enfermería no comunicado que nos achegou non se reflexa ningunha alta nin ningunha baixa nova.

martes, 10 de abril de 2007

A 3ª Xornada

Boas a todos, imos seguir coa crónica que un servidor vos vai a facer do desenrolo da 3ª xornada disputada entre o día 1 e o día 8 de abril.

Parece que os "birleiros" comezaron a gardar algunhas forzas xa que en xeral as puntuacións baixaron, será que hai que gardar forzas para afrontá-la parte final da Liguiña. Pero tranquilos que aínda sairon silbando moitos birlos.

Imos dar conta de trocos que se produciron nesta xornada; así por motivos de saúde O Suso do Pacio cedeulle o seu posto a O Vilariño.

Sen máis demora imos coa clasificación despois da 3ª xornada.

Na primeira posición atopamos ao Alejandro de A Arribada con 487 puntos.
Na segunda posición está o Suso de A Arribada con 456 puntos.
En terceiro lugar o José Luís "O Piñeiro" con 434 puntos.
En cuarto lugar o Moisés de Guende con 413 puntos.
A quinta praza ocúpaa o Álvaro da Marigely con 403 puntos.
E a sexta praza perténcelle esta xornada ao Ramón da Otilia con 373 puntos.

Dende este blog queremos tranquilizar á admiradora do Ruta, non te preocupes esta xornada non a puido xogar xa que estaba con molestias, ou eso dixo.

viernes, 30 de marzo de 2007