martes, 10 de abril de 2007

A 3ª Xornada

Boas a todos, imos seguir coa crónica que un servidor vos vai a facer do desenrolo da 3ª xornada disputada entre o día 1 e o día 8 de abril.

Parece que os "birleiros" comezaron a gardar algunhas forzas xa que en xeral as puntuacións baixaron, será que hai que gardar forzas para afrontá-la parte final da Liguiña. Pero tranquilos que aínda sairon silbando moitos birlos.

Imos dar conta de trocos que se produciron nesta xornada; así por motivos de saúde O Suso do Pacio cedeulle o seu posto a O Vilariño.

Sen máis demora imos coa clasificación despois da 3ª xornada.

Na primeira posición atopamos ao Alejandro de A Arribada con 487 puntos.
Na segunda posición está o Suso de A Arribada con 456 puntos.
En terceiro lugar o José Luís "O Piñeiro" con 434 puntos.
En cuarto lugar o Moisés de Guende con 413 puntos.
A quinta praza ocúpaa o Álvaro da Marigely con 403 puntos.
E a sexta praza perténcelle esta xornada ao Ramón da Otilia con 373 puntos.

Dende este blog queremos tranquilizar á admiradora do Ruta, non te preocupes esta xornada non a puido xogar xa que estaba con molestias, ou eso dixo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Por fin, unha persoa seria está sentada na mesa de xuices

Anónimo dijo...

Por problemas de traballo non puden ata hoxe facer o seguimento da liguiña dos birlos e cando entrei deume un volco o corazón ao ver que "o Ruta" desaparecera de novo da clasificación. Moitas grazas por aclararme que tiña un pequeno problema. De todos os xeitos isto non me tranquiliza moito, espero que me digades se é unha cousa seria que lle poida impedir seguir na liguiña, pois, sen desmerecer aos que están participando, a liguiña sen o Ruta deixaría de ter o interese que ten. Ánimo Ruta, estou contigo, ti podes...
Unha admiradora