Hoooola amig@s birleir@s.
Estamos de novo aquí para darvos parte das novidades antes do comezo da III Liguiña de Birlos de San Fiz.
O pasado día 15 de Febreiro tivo lugar a presentación oficial da Liguiña, dun xeito fastuoso ao estilo das presentacións dos equipos de fútbol de primeira división. Celebrouse o sorteo dos grupos dos participantes nesta Liguiña. Paralelamente celebrouse un xantar de confraternización entre tódolos xogadores que acodiron ao sorteo.
E para rematar e facer mellor a dixestión tiráronse unhas cantas bolas.
O sorteo trouxo os seguintes emparellamentos:
GRUPO I:
- O Delfín de A Arribada.
- O Piñeiro de Serode.
- O Rancaño.
- O Carlos do Vilariño.
- O Moncho de A Arribada.
- O Mazorra.
GRUPO II:
- O Ramón da Otilia.
- O Ruta.
- O Milucho de Serode.
- O Suso de A Arribada.
- O Arturo de Ferreiroá.
- O Álvaro da Marigeli.
GRUPO III:
- O Fernando "O primo da Mª José de Sernande".
- O José Dimas.
- O Alex "O fillo do Alejandro de A Arribada".
- O Luís "O fillo do Alejo do Pontón".
- O Iván de Acedre.
- O José Antonio do Alvarado.
GRUPO IV:
- O Pedro de Guende.
- O Alejandro de A Arribada.
- O Pirata.
- O Moisés de Guende.
- O José Manuel da Torre "Agudo".
- O Moncho da Torre.
A Primeira Xornada terá lugar o vindeiro día 01 de Marzo. Nesta xornada xogarán os GRUPOS I e II, o GRUPO I xogará ás catro do serán (16:00) e o GRUPO II o fará a partires das cinco do serán (17:00).
A Segunda Xornada celebrarase o vindeiro día 08 de Marzo e nela participarán os integrantes dos GRUPOS III e IV, xogando o GRUPO III ás catro do serán (16:00) e o GRUPO IV a partires das cinco do serán (17:00).
Dende a organización prégase puntualidade aos participantes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario