domingo, 25 de enero de 2009

III Liguiña de Birlos de San Fiz

Hooola a tod@s.

Amig@s birleir@s, témosvos que dar unha nova:
Acabáronse as vacacións!!!
Ímosvos dar unha receita para un prato que se tarda en cociñar algo así como catro meses.

Nun entorno marabilloso, en plena natureza poñemos os seguintes ingredientes:

  • Nove birlos.
  • Dúas bolas de madeira.
  • Un lastrón.
  • Unha tira.
  • Unha liña de dez.
  • Vari@s tol@s polos birlos.
  • Bó humor.
  • Ganas de pasalo ben.
  • Unhas gotas de competitividade.
Mesturamos todo e velaí está:

A III da Liguiña de Birlos de San Fiz.





A data límite para inscribirse é ata o día 15 de Febreiro, data na que se celebrará o sorteo. O prezo da inscrición é de 30 €, incluíndose neste prezo a comida que terá lugar ao remate da liguiña.

A Liguiña principiará o día 01 de Marzo e rematará o día 14 de Xuño.

Como tódolos anos haberá trofeos para os tres primeiros clasificados, para o primeiro clasificado maior de 65 anos e para o primeiro menor de corenta. Tamén haberá un trofeo para o participante que máis puntos consiga nos embirles.

Este ano, como en tódalas edicións, a organización decidiu introducir algunhas novedades que poñeremos a continuación:
  • Será obrigatorio tirar coa camisola da Liguiña, á persoa que non o faga así descontaránselle 20 puntos da puntuación que acade nesa xornada.
  • Un trofeo para o participante que máis puntos consiga no embirle.
Lembrade que ao finalizá-la Liguiña, o día 21 de xuño, terá lugar o xantar de irmandade entre tódolos participantes.

Ese mesmo día celebrarase o sorteo cos emparellamentos para a Supercopa de Birlos do Santo Cristo participarán os 12 primeiros clasificados da Liguiña.

As semifinais da Supercopa se xogarán o día 28 de Xuño e a final o día 4 de Xullo.

E con esto despedímonos, ata logo.

No hay comentarios: