O día 2 de xullo, coincidindo coa Romeria dol Cristo, celebrouse
a final da V Copa do Cristo - I Memorial Suso Prado. Nesta baté-
ronse varias marcas como a maior puntuación con 10 bólas (de
tiradas) con 233 puntos, e a de 10 bólas (de tiradas máis embirles)
con 272 puntos. Tamén, por primeira vez nun campeonato, os seis
primeiros clasificados superaron os 210 puntos. Unha marabillosa
sesión de birlos difícil de esquecer, ademais de polas marcas, polo
disputada e competida ata a última tirada.
Esta final da V Copa do Cristo-I Memorial Suso Prado, converteuse
nunha auténtica e sentida homenaxe, dos xogadores e do publico
presente, ao amigo e compañeiro Jesús Prado. Na entrega de tro-
feos aos gañadores, as bagoas de emoción de cada un deles ele-
vando ao ceo o trofeo conseguido, contaxio a os presentes.
Estes foron os resultados:
Primeiro Clasificado
Ramón González Fontaiña 233+39=272 puntos.
Segundo Clasificado:
Alejandro Rey Prado 227+35=262 puntos.
Terceiro Clasificado:
Moises Díaz Álvarez 213+35=248 puntos.
4.- José Luis González Piñeiro 203+36=239 puntos.
5.- Fernando García Alonso 183+36=219 puntos.
6.- Antonio Rodríguez Blanco 183+29=212 puntos.
7.- José Antonio Rey Rodríguez 119+24=143 puntos.
8.- Carlos Penin Pérez 81+36=117 puntos.
Gañador da Embirla Álvaro Álvarez López con 41 puntos.
Para contactar: birleiro@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
¡QUÉ BONITO XESTO!. ESO DEMOSTRA A CALIDADE HUMANA QUE TODOS TEDES.FOI UN DIA PARA O RECORDO. UN DIA COAS EMOCIÓNS A FLOR DE PEL.
SEGURO QUE OS QUE XA NON ESTÁN CONNOSCO, ESTARÁN CONTENTOS DE VER QUE TODO CONTINÚA. SIGAMOS ASÍ.
Bolerir@s de San Fiz:
Felicitacións pola recuperación das tradicións.
Compartimos o xogo dos birlos e tamén provincia.
Nós estamos cara o norte, en Órrea-Riotorto.
Quixeramos contactar con vós.
Un saúdo.
Publicar un comentario