martes, 15 de febrero de 2011

NA MEMORIA DE SUSO PRADO

                                        Jesús Prado Fernández


Fogueteiro

Organizador


Taberneiro


Anotador


Xogador

Compañeiro

Campión



     Suso, amigo e veciño, que amaba o lugar onde naceu, do que sempre se gabou, onde xogara de neno, fora a escola e que tiña o aprecio e respeto dos seus veciños.
   Foise como viviu: traballando. A morte separounos dunha persoa entregada aos demais e que nos deixa unha grande lección de traballo en favor da comunidade, sen pedir xamais nada a cambio. Pasou pola vida sendo bo e xeneroso, fiel amigo, sempre preocupado polos problemas de todos, minimizando os seus propios.
     Inesperada perda de quen, onte mesmo, ría e choraba con nós, polo que miles de palabras quedaron por dicir, abrazos que dar e vivencias que compartir, eso si, quedará para sempre no corazón de todos os que tivemos a sorte de coñecelo.
      Suso: alí onde esteas, moitas grazas por tanto.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Increíble, sempre estará conosco. Esperemos que as celebracións non morran aínda que sea¡ solo por el! Que ben o merece

Anónimo dijo...

¡Grazas!.Grazas a SUSO por todo o que puidemos compartir con él. Sorte para os AMIGOS que xa nos deixaran, que estarán de novo a gozar da súa amizade e quén sabe se xuntos tramando algunha das súas troulas.
E grazas á PERSOA que con poucas palabras soubo transmitir nesta grande homenaxe o que outras non tivemos o valor de facer.
GRAZAS A TODOS.

Anónimo dijo...

Gracias polas horas compartidas.Sempre estarás nos nosos corazóns.Sempre recordaremos a tua alegría e as tuas ganas de vivir serán unha lección para nós.