Boas noites a tod@s.
Comparecemos de novo ante vos para dar conta dos resultados da séptima e penúltima xornada desta fascinante liguiña de birlos. As partidas correspondentes a esta xornada celebráronse entre os días 27 de maio e 3 de xuño.
Tras poñérense algúns dos participantes ao día nas súas tiradas, trá-la súa recuperación das lesións producidas na intensidade da loita birleira, producíronse certos cambios na clasificación dos que imos dar conta a continuación:
En primera posición e con 1.137 puntos o Alejandro de A Arribada.
Ségueo con 1.043 puntos o Suso de A Arribada.
Na terceira praza atopámonos co Moisés de Guende con 969 puntos.
En cuarto lugar está o José Luís "O Piñeiro" con 912 puntos.
O quinto clasificado é O Ramón da Torre con 893 puntos.
A sexta praza é ocupada polo Pedro de Guende con 873 puntos.
De cara á xornada final da liguiña os tres primeiros postos semella que están bastante claros, pero desatouse unha gran batalla polos postos do cuarto ao oitavo ou o noveno que promete ser moi interesante.
Con respecto ao parte da enfermería salientaremos que a temos baleira porque decidimos poñernos de reformas, non nos gustaba a cor das paredes.
Un saúdo a todos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
bueno carallo xa non sabedes donde pasar o tempo asi vai o pais home parecelles normal?si houbera un casino irian a el on
aupa a liguiña
aupiña o xefe
aupa ramon o gordinflon
quen e o gordinflon carallo ??
a ver si se pon a dieta
quen e o gordinflon carallo ??
a ver si se pon a dieta
os mellores birlos son todos menos o do
DELFIN!!
un saudiño a todos
DELFIN DEIXANOS EN PAZ
Este comentario é para "alguien".
Estás nun blog no que predomina o bó rollo. Non o estropees.
moy ben dimas.se o fas mellor ganas
BOA XOGADA PELMIN
Publicar un comentario