viernes, 30 de marzo de 2007
Crónica da 2ª Xornada
jueves, 29 de marzo de 2007
lunes, 19 de marzo de 2007
domingo, 18 de marzo de 2007
Resultados da 1ª Xornada
Sen máis comentarios imos dá-los resultados desta xornada:
O primeiro líder é José Luís "o Piñeiro" con 185 puntos.
O segundo clasificado é Pedro de Guende con 137 puntos.
O terceiro clasificado é Álvaro da Marigely con 132 puntos.
O cuarto clasificado é Suso de A Arribada con 117 puntos.
O quinto clasificado é Milucho de Serode con 116 puntos.
O sexto calsificado é Alejandro de A Arribada con 113 puntos.
jueves, 15 de marzo de 2007
Os Principios
Trá-lo período que se deu para anotar aos participantes, realizouse o sorteo entre as 24 persoas que se apuntaron. Para axilizar a Liguiña decidiuse dividí-los participantes en catro grupos. Do sorteo saíron os seguintes grupos:
- Grupo 1: Integrado por: O Alejandro de A Arribada, O Suso de A Arribada, O Roberto "o fillo do Suso", O Moncho de A Arribada, O Moncho da Torre e O Juan da Neli.
- Grupo 3: Integrado por: O José Dimas, O Arturo de Ferreiroá, O Milucho de Serode, O José Luís "o Piñeiro", O Santiago de Serode e O José Manuel da Torre.
- Grupo 4: Composto por: O Fernando "o primo da Mª José de Sernande", O Carlos do Vilariño, O Javierito de Sernande, O Eustasio da Viladomato, O Ramón da Otilia e O "Ruta".
O inicio da Liguiña foi o pasado 04 de marzo e rematará o vindeiro 17 de xuño.
Xogaráse tódolos domingos en xornadas de mañá e serán, xogando os grupos 1 e o 3 pola mañá e os grupos 3 e 4 polo serán. Cada grupo xogará cada quince días.
Os tres primeiros calsificados recibiran un trofeo, ademáis do recoñecemento por parte de tódolos participantes. Tamén haberá un trofeo para o mellor clasificado menor de corenta anos.
Sorte a tódolos participantes!!!
martes, 13 de marzo de 2007
Benvida
- Os birlos que caen do lastrón ou que non superan "raia de 10" valen 1 punto.
- Os birlos que pasen a "raia de 10" valen 10 puntos.
A tirada terá validez si ha bola pasa a "raia de 10".
Normalmente xógase en parellas. E tira unha das bolas un xogador cara o "lastrón" para dispois facé-lo o segundo xogador.
Unha vez feito esto o primeiro xogador que tirou a bola áo lastrón diríxese á "raia de 10" e dende alí lanza as dúas bolas cara o "lastrón". A esta acción do xogo chámaselle "embirlar".
- Os birlos que se tiren agora valen 1 punto.
Seguidamente tira cara o "lastrón" en primeiro lugar o segundo xogador e dispois o primeiro; unha vez feito esto o segundo xogador diríxese cara a "raia de 10" para facer o "embirle".
A finalidade do xogo é conseguir o número máximo posible de puntos en 10 tiradas e, por riba de todo, pasalo ben.